*Ofertas publicadas no blog de emprego da Mancomunidade ArousaNorte http://arousanortemprego.wordpress.com
martes, 3 de xullo de 2012
Curso sobre “Patrimonio Industrial e Turismo”
Ccurso sobre “Patrimonio Industrial e Turismo” os días 18,19 e 20 de xullo en Ferrol.
Curso de 20 horas con recoñecemento de Crédito de Libre Elección. O prazo de matrícula está aberta.
Enlace: www.uimp.es
Curso de 20 horas con recoñecemento de Crédito de Libre Elección. O prazo de matrícula está aberta.
Enlace: www.uimp.es
Praza de “técnico/a de fomento do cooperativimo”
Praza de “técnico/a de fomento do cooperativimo” na mancomunidade ArousaNorte
A publicación na Voz de Galicia saiu o día 3 de xullo, o prazo de presentación, 5 días naturais, remata o domingo 8 de xullo. Admítense as solicitudes enviadas por correos e correctamente selada a instancia ata o sábado pola mañá, sempre que se adiante por fax a solicitude.(Fax .981 849925).
Os requisitos mínimos que se esixen para o posto é ter unha das seguintes titulacións:
- Grao ou Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas ou Licenciatura en Ciencias Empresariais.
- Grao ou Licenciatura en Economía.
- Grao ou Diplomatura en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
O rexistro da mancomunidade Arousa Norte estará aberto en días laborais, de luns a venres na Casa do concello de Boiro, 2º andar ,Boiro, de 9.00 a 13.30 h.
Máis informarción no teléf. 981 845 236
Envío o enlace onde están as bases da concocatoria e a instancia: http://www.arousa-norte.es/perfil.php
Bolsas da UDC
A Universidade da Coruña, amplía o prazo de presentación de solicitude, de 110 bolsas de formación de diversas áreas.
Ampliación no prazo de presentación bolsas de formación complementaria
ONDE DI: O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14.00 h do 3 de xullo de 2012.
DEBE DICIR: O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14.00 h do día 6 de xullo de 2012.
Máis información www.udc.es

Final do certame Curota Sound
Hoxe na programación das festas de Boiro, non vos perdades a final do Certame Curota Sound:
Os grupos finalistas son:
SIBERETS
LAKAZANS
AGORAPHOBIA
BELFAST
Os concertos comezan as 22.30h na Praza da Mancomunidade.
Os grupos finalistas son:
SIBERETS
LAKAZANS
AGORAPHOBIA
BELFAST
Os concertos comezan as 22.30h na Praza da Mancomunidade.
Proxecto de intervención artística en Santiago
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Santiago de Compostela abren o prazo para participar no programa de dinamización artística “Imagina Atlántica: Teatros de pedra”, ofrecendo unha vía para que a xuventude exprese as súas inquedanzas artísticas, individuais e colectivas. Trátase dun programa enmarcado dentro do proxecto “Imagina Atlántica: espazo atlántico, territorios creativos innovadores” aprobado ao abeiro do proxecto “Espazo Atlántico” e no que participan rexións de España, Francia, Reino Unido e Portugal.
Dentro das actividades programadas está a creación dun percorrido turístico alternativo na cidade de Santiago de Compostela a través das artes dende o 28 de xullo ata o 13 de agosto.
A finalidade desta convocatoria é promover e estimular a creación de artistas xoves dentro dos parámetros da arte actual. Durante unha estadía continuada de quince días 24 mozos e mozas realizarán as súas intervencións en sete prazas públicas da cidade de Santiago de Compostela. Intervencións artísticas para a dinamización das prazas compostelás.
Os/as participantes, xóvenes creadores, pasarán un proceso de preparación e creación da súa intervención.
Prazo de inscrición: do 2 ao 15 de xullo
Prazas: 24
Destinatarios: mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia entre 18 e 30 anos de idade.
Disciplinas artísticas:
- Arte escénica (teatro, danza e expresión, performance musical)
- Artes (pintura, escultura, grafitti)
- Videoarte
- Literatura (poesía e relato breve)
Datas de realización da estadía e intervención: do 28 de xullo ao 13 de agosto de 2012 (estadía continuada de 15 días)
Aloxamento: albergue e/ou hotel
Cobertura da actividade:
- Pernocta e aloxamento en réxime de pensión completa.
- Manutención
- Desprazamento nas distintas actividades
- Actividades, equipo de monitores, materiais e seguros.
- Custo da produción
luns, 2 de xullo de 2012
Bolsas para estudios
A Fundación Universia convoca para o curso 2012-2013 as VI Becas
Fundación Universia Capacitas, dirixidas a estudantes que estean
matriculados ou se acaben de matricular, por primeira vez, en ensinanzas
oficiais de grao e de posgrao impartidas por universidades españolas, e
que acrediten legalmente, unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
Contémplanse tres tipos de becas:
- De acceso: dirixidas a estudantes que se matriculen por primeira vez en estudos universitarios.
- De progreso: dirixidas a estudantes que xa estean na universidade.
- De mobilidade: dirixidas a estudantes que, en virtude dun programa de intercambio, desexen realizar un período de formación, como mínimo dun trimestre, nunha universidade distinta á súa de orixe.
As solicitudes presentaranse unicamente por vía telemática a través da seguinte dirección: http://candidatos.fundacionuniversia.net/becas_capacitas/pedir-beca
Prazo de solicitude: do 2 de xullo ao 15 de novembro de 2012 (15 de xuño ao 1 de outubro de 2012 para as becas de mobilidade).
Para máis información, consulte o seguinte enlace:
https://candidatos.fundacionuniversia.net/becas_capacitas//

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)