martes, 3 de febreiro de 2015

ESCOLA CREATIVA Boiro

A partir de hoxe xa podedes solicitar información ou facer as vosas inscricións na Escola Creativa do Centro Social de Boiro, proxecto de apoio e fomento da creatividade xuvenil. Aquí tedes a programación

Obradoiros para mestres/mestras

Obradoiros exclusivos para docentes:
 ‘Animamos a lectura’, ‘Ciencia nos contos’ e ‘Arte e ciencia: unha relación bidireccional’, que terán lugar na derradeira semana da cita coa lectura, do 23 ao 27 de marzo no salón do libro de Pontevedra.

Inscricións e información no Cefore de Pontevedra:
Celso Emilio Ferreiro, 4 - 36005 Pontevedra (PONTEVEDRA)

Principal » 986 872 888

Obradoiro de improvisación con actores e directores en Carballo

Obradoiro dunha semana de duración no que, a partir de técnicas de improvisación e de traballo con texto, os directores poidan experimentar o traballo directo cos actores e romper esa barreira que, con tanta frecuencia, se establece entre estes dous mundos.
Traballar cos actores, participar do seu xogo, sentir o outro lado, entender cales son as claves nas que se manexan os actores e así poder abrir unha comunicación creativa entre director e actor.
Impartido por Jorge Coira

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 12 directores y 6 actores
Data: 2-6 Marzo
Horario: 16-20 horas


PROGRAMA
Introdución ao mundo actoral (a esencia do actor).
Traballo con técnicas de improvisación.
Introdución no traballo con texto.
Posta en pe de escenas escritas.

Máis información neste enlace

luns, 2 de febreiro de 2015

Obradoiro na fundación Luis Seoane

basurama

Os días 13 ao 15 de febreiro, o colectivo BASURAMA realizará un obradoiro na Fundación Luís Seoane. Basurama é un colectivo dedicado a investigación, producción e xestión cultural. O programa, que podes descargar aquí, tamén inclúe unha visita a fábrica de Sargadelos. O sábado, ás 19.30, ofrecerá unha conferencia na mesma Fundación.
Tanto a charla como o taller son actividades de balde. Para poder participar, tan só tes que descargar a solicitude de inscrición e enviar un correo á dirección cidea@coruna.es;  Para máis información, consulta a páxina de CIDEA.

Concursos para a mocidade



Música:
http://xuventude.xunta.es/2015020215190/2o-certame-de-cancion-de-autor-en-galego.html

Pintura:
http://xuventude.xunta.es/2015020215188/xxv-concurso-de-pintura-bello-pineiro-pineiro-pose.html

Fotografía:
http://xuventude.xunta.es/2015020215182/11o-concurso-de-fotografia-xurxo-lobato-2015.html

Bolsas de realización de máster

A Fundación Barrié abre a convocatoria de 10 ‪#‎bolsas‬ para a realización de estudos de Máster con dedicación a tempo completo e 20 ‪#‎axudas‬ á mobilidade predoctoral para a realización de estancias de investigación

Axudas para fill@s menores de 3 anos

Neste enlace podedes consultar as bases para bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.