martes, 31 de maio de 2011

CURSOS DE VERÁN 2011 da EOI
Organiza: Asociación de Alumnos e Antigos Alumnos da EOI de Santiago de Compostela

DURACIÓN: 40 horas durante o mes de xullo (20 horas en RIbeira e Noia)

DATAS DOS CURSOS: 1 ao 28 de xullo

HORARIO: de mañá ou de tarde segundo o formulario de preinscrición. Nas sección de Noia, Ordes e Ribeira só haberá horario de mañá.

IDIOMAS: Inglés, Francés, Arabe, Italiano e Alemán

Nota: Na EOI de Santiago ofrécense todos os cursos. Nas sección de Noia e Ordes só Destrezas Comu-nicativas Nivel Intermedio de Inglés. Na sección de Ribeira,: Destrezas Comunicativas de Inglés (nivel básico e nivel intermedio).

PREINSCRICIÓN: até o 6 de xuño

MATRÍCULA: do 10 ao 20 de xuño

PREZO: 160 € por curso (150 € socios/as) / 80 € nos cursos de Ribeira e Noia

para mais información:
EOI DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ulpiano Villanueva, 1-2
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 554 710
Fax: 981 554 875
eoi.santiago@edu.xunta.es

Ultimas novedades na biblioteca do Centro Social

Xa podedes consultar as ultimas novedades na mediateca do Centro Social de Boiro, entre as que atoparás a colección Millenium.
-          Millenium 1. Los hombres que no amaban a las mujeres.
-          Millenium 2. La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina
-          Millenium 3. la reina en el palacio de las corrientes de aire.

Na biblioteca atoparás a lista con todos os títulos dos dvds.

venres, 27 de maio de 2011

Cursos de Alemán en agosto no Centro Social

AVISO:
Debido a elevada demanda dos cursos de alemán que se impartirán no Centro Social
de Boiro o vindeiro mes de Xullo,e posto que o prazo de inscrición para o
turno do horario de mañá está pechado e soamente quedan 4 prazas para o turno de
horario de tarde, celebrarase outro Curso de Alemán no mes de Agosto.

Novo curso de alemán en agosto

Data de Realización: do 1 ao 30 de agosto do 2011.

Duración: 42 h

Lugar: Centro Social de Boiro

Modalidades: Grupo A (de 12 a 16 anos) e Grupo B (de 16 en adiante)

Horario: Grupo de mañá (11-13h) Grupo de tarde (19-21h)

Prezo: Grupo A 100€ e Grupo B 150€

Prazo de preinscrición: Aberto.


Para máis información dos cursos chamar a oficina OMIX Boiro, 981842635 ou poñerse en contacto mediante o correo electrónico centrosocial@boiro.org , a inscrición se realizará mediante a web www.agxermanistas.org


martes, 24 de maio de 2011

Oferta de emprego para Técnico de Turismo

Convócase proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha Técnico Turismo (Verán 2011).

Para consultar as bases ou ter máis información debedes consultar a web do Concello de Ribeira www.ribeira.org

Bolsas para prácticas en empresas europeas

A Universidade da Coruña, convoca 95 estadías para prácticas en empresas europeas para licenciados na UDC. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 10 de outubro de 2011.

Máis información www.udc.es

Documental sobre os impactos da cría do salmón en Gaiolas

Lugar: Centro Social de Boiro

Día e hora : 27 de maio ás 20.00h

Organizan: Asociación Verdegaia e Salva la selva

BOLSAS DE FORMACIÓN

Bolsa publicada en: BOE nº 121 (páx. 50909)

Entidade convocante: Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial “Esteban Terradas”

Localidade: Madrid

Descrición: Concesión de 9 bolsas de formación destinadas a persoas en posesión do título de licenciado, enxeñeiro, enxeñeiro técnico ou equivalente, sempre que remataran os seus estudos con posterioridade ao 1 xaneiro 2007

Inscrición e prazo: 20 días naturais, a partir do seguinte á súa publicación no BOE