mércores, 30 de setembro de 2015

Teatro este venres en Boiro





Este venres 2 de outubro ás 21h, na casa da cultura de Boiro, teatro GO ON!
Comedia destinada a público adulto

SINOPSE
Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

“GO ON!” recompila esta experiencia límite que deixa aos do “Al filo de lo imposible” como simples boyscouts.
“GO ON!” é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.


martes, 29 de setembro de 2015

luns, 28 de setembro de 2015

Curso dirección de tempo libre


Intercambio multilateral Erasmus+ en Sicilia - Italia

Países participantes: Bulgaria, Portugal, Romanía, Hungría, Letonia, Eslovaquia,Estonia,Reino Unido, Italia e España.
Datas de realización do intercambio: do 20  ao 28 de outubro de 2015.
Destinatarios/as: persoas mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos.
Prazas: 4 prazas.
Prazo de inscrición: do 27 de setembro ao 4 de outubro de 2015.

Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Máis información:
galeuropa@xunta.es
981 544 645 e 981 544 869
enlace da nova

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

venres, 25 de setembro de 2015

Premios de poesía

XIII Premio de poesía AFundación:ata o 2 de outubro está aberto o prazo de presentación de traballos http://bit.ly/1LPVhFU

Praza de investigación. Bioloxía

Convocatoria de contrato como persoal laboral. INVESTIGADOR/A EN FORMACIÓN. Licenciatura/grao en Bioloxía, ou titulación equivalente. Universidade de Valencia
Máis info: http://goo.gl/YbQ0RH