O Concello de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Promoción Económica e Emprego e en colaboración coas entidadades asinantes do II Plan de Acción Local polo Emprego, organiza a I Feira do Emprego de Santiago de Compostela.
Terá lugar os días 7 e 8 de outubro de 09.00 a 20.00 horas o xoves e de 09.00 a 15.00 horas o venres, no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (CERSIA). Para máis información:
http://feiradoempregosantiago.org/
Ningún comentario:
Publicar un comentario