mércores, 1 de setembro de 2010

Axudas para a matrícula nun Máster ou nun Título propio.

Axudas para a matrícula nun Máster ou nun Título propio. PDF Imprimir
Mércores, 01 Setembro 2010 07:56
O Ministerio de Educación convoca axudas para a matrícula nun Máster, destinadas a titulados universitarios en situación laboral de desemprego, para o curso 2010-2011. Así mesmo convócanse axudas para financiar os gastos derivados da matrícula nun título propio de máster realizado durante o curso 2010-2011 nunha universidade pública. As axudas van dirixidas a titulados universitarios en situación laboral de desemprego, que se encontren inscritos como demandantes de emprego e estean a percibir ou percibisen durante o ano 2010 a correspondente prestación económica por desemprego.
A contía da axuda para cursar un máster oficial ou un título propio será, en todo caso, o prezo público oficial que se fixe para os servizos académicos que conduzan á obtención do título no curso 2010-2011.
Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1970 e o 31 de decembro de 1985.
b) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior.
c) Encontrarse en situación laboral de desemprego e estar inscrito como demandante de emprego á data da 1 de setembro de 2010.
d) Estar ou ter estado a percibir prestación ou subsidio por desemprego con cargo ao presuposto do Servizo Público de Emprego entre o 1 de xaneiro e o 1 de setembro de 2010, ambos os dous inclusive.
e) Estar matriculado no curso 2010-2011 nun curso completo de máster oficial. Tamén serán candidatos á axuda que estean matriculados dun curso completo nun título propio de máster impartido por unha universidade pública.
O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o día 16 de novembro de 2010, inclusive.

Máis información no BOE do 1 de setembro de 2010 e en www.educacion.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario