mércores, 3 de agosto de 2011

Non tires as gafas vellas

Varias ONGs recollen gafas para mellorar a saude visual de persoas sen recursos

Médicos Mundi e General Óptica colaboran promovendo unha campaña de recollida de gafas que, despois de un proceso de selección e clasificación, son enviadas aos proxectos de saude visual que Médicos Mundi desenvolve en países como Marruecos, Honduras, Brasil, Burquina Faso….para entregalas entre a población afectada por problemas de visión e sin posibilidades de acceder aos servizos de saude visual.

Todas as persoas que teñan gafas vellas ou simplemente usadas, que xa non lle sirvan, poden envialas á sede de Ópticos polo Mundo (C/ Vilinista Vellsolà, 37. CP 08222 Terrassa). Se queres saber qué ópticas colaboran con Ópticos polo Mundo, envía un correo a oxo@euot.upc.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario