martes, 6 de setembro de 2011

Bolsas para xóvenes

Convocatoria 4 bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia so­bre a muller 2012

Mediante Orde do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, establécense as bases reguladoras e a aprobación da convoca­toria para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de catro bolsas individuais de formación no Observa­torio Estatal de Violencia sobre a Muller, en materia de violencia de xénero.

Duración das bolsas: A incorporación en ningún caso será anterior ao 1 xaneiro de 2012 e finalizará o 31 de decembro de 2012. As bolsas poderán prorrogarse, unha soa vez, por un período de 12 meses.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente orde no Boletín Oficial do Estado.

Requisitos e máis información: BOE 1 de setembro de 2011 e na seguinte dirección de correo electrónico: violencia-genero@igualdad. mspsi.es.

Bolsas para licenciados en Historia

A Deputación de Pontevedra convoca catro bolsas, que teñen por obxecto a realización de tarefas relacio­nadas coa arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación e tarxeta postal.

Requisitos: estar en posesión do título de Licenciado/a en Historia. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Estas bolsas teñen unha dotación económica de 1.200 €/mes.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de setembro de 2011.

Máis información no BOP de Pontevedra de 2 de setembro de 2011.

Ningún comentario:

Publicar un comentario