mércores, 7 de setembro de 2011

curso de técnico en medio ambiente

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, convoca un curso de técnico de ambiente.
O curso estrutúrase nos seguintes módulos:

– Sesión inaugural (4 horas).
– Módulo I: Introdución xeral, marco institucional, aspectos económicos e técnicos (12 horas).
– Módulo II: Ferramentas de xestión ambiental (12 horas).
– Módulo III: Calidade do aire, modelo enerxético sustentable e loita contra o cambio climático (10 horas).
– Módulo IV: Xestión das augas (10 horas).
– Módulo V: Xestión dos residuos e solos (18 horas).
– Módulo VI: Xestión do medio natural e medio construído (16 horas).
– Módulo VII: Visitas prácticas (20 horas).

Prazas: 50.
Poderán optar ao 40% das prazas (20) os profesionais que dispoñan do título de doutorado, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de setembro de 2011.


Máis información no DOG do 6 de setembro de 2011 e http://egap.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario