luns, 16 de xaneiro de 2012

Actuacións para grupos de música e mais

A Deputación da Coruña convoca a programación da rede cultural do ano 2012.
Poderán participar nos programas as agrupacións das seguintes categorías, que teñan residencia na provincia:

CATEGORÍA NON PROFESIONAL:
a) Música:
Bandas de música, Bandas de gaitas. Masas corais, Música clásica, Rondas ou orquestras, Cantareiras, Folk, Rock, Pop/Lixeira, Electrónica, Jazz, Blues, Soul, Tunas, Charangas, Solistas, Outros.
b) Danza:
Danza tradicional galega, Danza contemporánea, Danza clásica, Outros tipos de danza
c) Teatro:
Teatro, Títeres, Maxia e ilusionismo, Contacontos, Outros
d) Outras actividades

CATEGORÍA PROFESIONAL:
a) Intérpretes de música:
Música clásica, Jazz, Folk, Rock, Blues, Tecno
b) Compañías de danza:
Danza clásica, Danza contemporánea, Danza folclórica galega, Outros tipos de danza
c) Compañías de teatro e de títeres:
Teatro, Títeres, Maxia, Monólogos - Contacontos
d) Outras actividades.

Para recibir actuacións:
CONCELLOS: Poderán solicitar actuacións tódolos concellos da provincia que queran acollerse a esta convocatoria.
ENTIDADES: Poderán solicitar actuacións dos grupos incluídos no XXIX Programa de música e teatro para grupos non profesionais as entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xurídicamente constituídas e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.
Os grupos e intérpretes que desexen participar nesta convocatoria, deberán presentar a súa solicitude antes do 31 de xaneiro de 2012.

Máis información no BOP da Coruña do 16 de xaneiro de 2012 e en www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural

Ningún comentario:

Publicar un comentario