mércores, 25 de xaneiro de 2012

Programación para a fin de semana

venres 27 de xaneiro ás 20:00h terá lugar na Casa da Cultura de Boiro a representación de obra de teatro:
Pío da compañía teatral Caramuxo.
A función está destinada a nen@s de 3 a 10 anos.
Programación organizada polo departamento de cultura do Concello de Boiro

venres 27 de xaneiro ás 21:00h terá lugar o I Encontro de Música
Tradicional organizado pola Escola de Música de Boiro. Será no Centro
Social de Boiro, na Estación Leñaverde. Participarán no Encontro as
formacións locais : Grupo de Gaitas da Escola de
Música, Grupo de Pandereteiras da Escola de Música, Os da Boina,
Xilbarbaeira, Nunca é tarde entre outros. O encontro é aberto a todas
aquelas persoas que queiran vir a pasar un bo rato ou
participar e traer o seu instrumento para unirse á jam galega posterior ás
actuacións.
Programación organizada polo departamento de cultura do Concello de Boiro
e a Escola de Música de Boiro

venres 27 de xaneiro ás 23.30h actuación de Quico Cadaval
no Curral do Marques(Taragoña)
Programación organizada polo local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario