mércores, 25 de xaneiro de 2012

Proxectos de iniciativas xuvenis

A participación e o asociacionismo facilitan que os mozos e as mozas se involucren na posta en marcha das súas propias ideas, así como na defensa dos seus dereitos e valores democráticos, solidarios,sociais..., mediate a manifestación dos seus intereses.

Tanto a participación coma o asociacionismo requiren dunha colaboración activa entre as persoas implicadas para a toma de decisións, xestión e execución, polo que consideramos importante poñer os medios e os lugares de encontro necesarios para facilitar a participación entre a mocidade.

É obxectivo da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, acadar unha participación social activa e dinámica da xuventude que permita a creación de sinerxías que redunden nunha mellora das súas oportunidades e na súa calidade de vida.

Xuventude con iniciativa supón unha aposta polo potencial e polas capacidades da nosa mocidade, que se manifestarán sen dúbida a través dos proxectos realizados no ámbito dos programas Iniciativa Xove e Voluntariado Xuvenil.

Máis información aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario