venres, 25 de maio de 2012

Bolsas de información turística no Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra convoca duas bolsas de estudios ou becas para a realización de actividades de información, animación e promoción turística do concello.

Requisitos: estar en posesión da titulación de Técnicos/as Superiores en Información e Comercialización Turística e Diplomados en Turismo ou Diplomados/as en Turismo ou equivalente no momento da convocatoria de selección. A titulación debera ser, cando menos obtida no ano 2002 ou posterioride a esta data.

O importe da beca é de 1050 € cada unha, que serán satisfeitas en seis mensualidades
O período de duración das actividades comezará o 1 de xuño de 2012. A xornada será de 140 horas mensuais, distribuíndose estas en función das actividades nas que o Concello organice ou participe.
As actividades que desenvolverán os becarios consistirá en tarefas de información, animación e promoción turística e se levarán a cabo tanto no propio municipio como en outros, en función do lugar en onde se celebren, e nas que o Concello decida participar.

Prazo: 29 de maio de 2012.

Mais información: BOP de Pontevedra do 24 de maio de 2012. www.depontevedra.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario