venres, 25 de maio de 2012

Bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o programa 2012/2013 de bolsas de formación en materia de patrimonio moble en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura.
O total de bolsas convocadas son 6.

Requisitos:
Bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o espazo europeo de educación superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación:
• Historia.
• Historia da arte.
• Arqueoloxía.

Bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:Diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de:
• Arqueoloxía.
• Pintura ou escultura.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de xuño de 2012.
Máis información no DOG do 21 de maio de 2012 e en https://sede.xunta.es co procedemento CT110B

Ningún comentario:

Publicar un comentario