venres, 25 de maio de 2012

Bolsas Leonardo da Vinci da Deputación de Ourense

A Deputación Provincial de Ourense convoca 55 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas.

Beneficiarios:Poderán ser beneficiarios deste programa os titulados universitarios.
As prácticas poderanse desenvolver en empresas da Unión Europea, preferentemente en Alemaña, Austria, Italia, Reino Unido, República Checa e Portugal.

Requisitos dos beneficiarios:
Posuír titulación universitaria acreditada por universidades españolas ou recoñecidas polo Ministerio de Educación.
Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data do ano da convocatoria deste concurso.
Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ó seu grao de formación académica: italiano, portugués, alemán e/ou inglés.
Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de xuño de 2012
Máis información no BOP de Ourense do 21 de maio de 2011 e en http://becasinternacionais.depourense.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario