luns, 18 de febreiro de 2013

Axudas para musica e danza

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música convoca axudas destinadas a asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal para o desenvolvemento de actividades de danza con proxección nacional ou internacional, asi como para a realización de actividades de lírica e música.
A actividade desenvolvida por estas entidades debe exceder o ámbito dunha Comunidade Autónoma.
Excepcionalmente, tamén poderán solicitar axuda aquelas de ámbito autonómico que teñan acordos con outras entidades análogas doutras Comunidades Autónomas, para levar a cabo os proxectos de danza e para a realización de actividades de lírica e música, que contribúan ao coñecemento e intercambio das manifestacións artísticas xeradas en distintos puntos do territorio español.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de marzo de 2013.
Máis información en www.mcu.es (Artes Escénicas y Música /Becas, ayudas y subvenciones/ convocatorias) e no BOE do 12 de febreiro de 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario