xoves, 21 de febreiro de 2013

Prazas nas escolas infantís e cheque infantil

Requisitos: a) Que a/o nena/o teña a súa residencia en Galicia e que xa nacese no momento de presentación da solicitude.
b) Idade da/o nena/o:
– Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso.
– Non ter cumpridos os 3 anos de idade en 31 de decembro de 2013.

As/os interesadas/os en participar nas prazas de escolas infantís 0-3 conveniadas coa Consellería de Traballo e Benestar a través do programa Cheque infantil, dirixido a aquelas/ es solicitantes que non obteñan praza en ningunha das dúas opcións solicitadas, deberán cubrir a epígrafe correspondente na solicitude.

O prazo para a presentación das solicitudes tanto de reserva de praza como de novo ingreso estará aberto ata o 21 de marzo de 2013.

Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2013 e en www.escolasinfantis.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario