xoves, 21 de febreiro de 2013

Unha proposta interesante e gratuíta para nen@s


“Contacontos interpretado na lingua de signos” a cargo da FAPXG, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA interpretará contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais.

Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública Anxel Casal(Santiago de Compostela)

Data: Sábado 23 de 12:00h a 13:00h
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario