martes, 4 de febreiro de 2014

Obradoiro de bici urbana en Compostela



Dentro da campaña de obradoiros prácticos con tecnoloxías apropiadas que cofinancia Cooperación Galega da Xunta, o vindeiro mércores 12 de febreiro, ás 20 h no CIAC en Compostela, organizamos coas compas da Sociedade Cívica Composcleta o titulado OBRADOIRO DE BICI URBANA, outra forma de entender a cidade.
Este é o programa:
  • 20:00 "Mobilidade sostible e bicicleta no entorno urban"
  • 20:15 "Unha revisión do entorno urban. O exemplo da Rúa de S Pedro"
  • 20:40 Mesa redonda: "A revisión dos modelos de mobilidade: propostas e realidades"
  • Se o tempo o permite (tanto o cronolóxico coma o climático) haberá ao final un paseo urbano nocturno, así que se o desexades TRAEDE AS VOSAS BICIS
A asistencia é libre, pero é necesaria preinscripción en compostela@galicia.isf.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario