mércores, 5 de febreiro de 2014

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS XUVENIS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas de entre 18 e 35 anos.
Cada Espazo Xove require a colaboración de ata tres voluntarios en horario flexible de 08:30 a 22:30h (no verán só de 08:30 a 15:00) para realizar as seguintes tarefas:

- Colaborar na elaboración e dinamización da información xuvenil nos Institutos, centros culturais, parroquias e concellos que abrangue o Espazo Xove.
- Colaborar nas actividades organizadas polo Espazo Xove.
-Propoñer actuacións para desenvolver nos espazos que redunden en benefício da mocidade da zona.
- Colaborar e propoñer actividades que fomenten a participación e a creatividade.
- Colaborar na organización de obradoiros , actividades de solidariedade, campañas informativas, etc...
- Colaborar e propoñer todas aquelas iniciativas que sexan de interese para as/os voluntarias/os xuvenís e que redunden nunha mellora dos servizos que ofrecen e poidan ofrecer os Espazos Xove.

Benefícios para as/os voluntarias/os:
As/os voluntarias/os adquirirán experiencia no ámbito xuvenil , na organización, xestión e dinamización de programas e actividades que se desenvolvan nos Espazos Xove o que redundará nunha maior riqueza persoal.

Ao finalizar a súa colaboración a/o voluntaria/o recibirá da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado que acreditará a súa experiencia neste programa.

Formulario de inscrición http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=120#forsux

Ningún comentario:

Publicar un comentario