martes, 3 de decembro de 2013

Formación sobre Alzheimer

AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), en colaboración coa Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a Fundación Barrié e FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) organizará o curso “Enfermidade de Alzheimer: Abordaxe multidisciplinar para coidadores” do 9 (luns) ao 13 (venres) de decembro de 19 a 21 horas no Edificio municipal de servizos administrativos, ubicado na rúa do Espíritu Santo, nº4, en Noia. Esta acción formativa é gratuita e foi recoñecida de interese sanitario.
Para a incrición ou unha maior información poden poñerse en contacto con AGADEA no 981595738- 647589725 ou a través do correo agadea@agadea.org ou co Concello de Noia no teléfono 981828104.
Abrese convocatoria de 120 Bolsas “ Santander Crue Cepyme de prácticas en Empresa” da USC.
Toda a info neste enlace

Día 3 de decembro Marcha pola Diversidade




PROGRAMACIÓN DA XORNADA

10:30h. – Recepción de autoridades, o alumnado dos CEIPS e asociacións na Praza de España.
10:45h. - Comezo da Marcha pola Diversidade, que percorrerá varias rúas de Riveira.
12:00h. Lectura do manifesto
13:00h. - Na praza do Concello realización de varias dinámicas: libro de firmas, baile, cadena humana, representación en LSE da canción : canción “Mensajes del agua” de Macaco.

luns, 2 de decembro de 2013

Bolsa Feuga medioambiente

BOLSA FEUGA: 6 MESES NO COLEXIO COMPAÑIA DE MARIA DE SANTIAGO.
ACTIVIDADE: HORTO ESCOLAR.

A Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación convoca a primeira bolsa para que unha persoa recén titulada realice prácticas no colexio Compañía de Maria de Santiago, preparando a súa incorporación futura ao mundo laboral.

A persoa bolseira será titulada en Bioloxía ou Enxeñaría Agrónoma, menor de 31 anos e encargarase de crear e manter un horto no colexio para que o cultiven e coiden os alumnos.

A bolsa tramítase a través de FEUGA (Fundación Empresa Universidade de Galicia).

CV e documentación enviarase a:

FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - Campus Universitario Sur . 15705 SANTIAGO. Correo electrónico: feugaempleo@feuga.es

O prazo para que os candidatos presenten a beca remata o día 8 de decembro de 2013

Información da convocatoria: http://bit.ly/1dKUDP0

Información xeral sobre as bolsas Feuga http://bit.ly/1dKUkDB

O Banco de España selecciona 25 técnicos para contrato en prácticas

Bases: http://bit.ly/18pTNF8
A Obra Social "La Caixa" convoca 145 bolsas para cursar estudos de postgrao en España, Europa, América do Norte e a zona Asia-Pacífico.

25 becas para realizar un doutorado en España: http://bit.ly/1a7USvj . Prazo: 24 de febreiro de 2014.
65 becas para cursar estudios de posgrado en universidades ou centros de ensinanza superior de países do Espacio Europeo de Educación Superior (EEES): http://bit.ly/19OhRvd . Prazo: 10 de febreiro de 2014.
48 bolsas para cursar estudos en calquera universidade ou centro de ensino superior de Estados Unidos ou Canadá: http://bit.ly/1emw082 . Prazo: 28 de abril de 2014
7 bolsas para cursar estudos en universidades ou centros de ensino superior da zona Asia-Pacífico, concretamente dos seguintes países: Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapore e China: http://bit.ly/1e8hyzL . Prazo. 4 de marzo de 2014.

Bolsas Formativas

3 Bolsas Formativas en materia de “Educador/a Museos”, “Arquivos/Biblioteca” e “Investigación Ceramoloxíca” para a Rede Museistica Provincial de Lugo.

Requisitos:

Educador/a de Museos, ser licenciado/a ou ter o Grao en Pedagoxía, Psicopedagoxía, Humanidades, ou ser Diplomado/a en Maxisterio, en calquera das súas especialidades....Ver más en http://bit.ly/1j7gNdX ou deputacionlugo.org