mércores, 3 de novembro de 2010

Bolsas de Comercio Exterior para Titulados Universitarios Cámara de Lugo

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

A Cámara de Comercio de Lugo convoca 3 bolsas de comercio exterior dentro do Plan Foexga con destinos a : Colombia, India e Ghana Prazo



Os interesados deberán remitilo seu C.V antes do 31 de outubro (Ref. Bolsas Comercio Exterior)


Os candidatos deben reunir as seguintes condicións:

-Idade non superior ós 30 anos

-Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da UE

-Titulación universitaria superior, dándose preferencia na adxudicación das becas ós licenciados en Economía, Administración de Empresas e Dereito. O título, no caso de haberse obtido en Universidades non españolas, deberá estar homologado polo Ministerio de Educación e Cultura.

-Dominio do INGLÉS falado e escrito.

-Coñecementos de comercio exterior. Poderanse acreditar presentando os diplomas de ter realizado cursos de comercio exterior de Cámaras de Comercio, ICEX ou outros organismos cunha duración mínima de 50 horas. Tamén serán válidos os cursos de formación ocupacional ou a formación de postgrado en comercio exterior. No caso de ter estudado comercio exterior durante a carreira será imprescindible presentar plan de estudios. En todo caso, farase unha proba específica de COMERCIO EXTERIOR para avaliar os devanditos coñecementos.

-Coñecementos da estrutura económica galega

-Coñecementos de informática a nivel usuario

-Non padecer enfermidade ou impedimento físico que imposibilite o cumprimento das obrigas como bolseiro

-Non ter sido anteriormente beneficiario dunha bolsa de comercio exterior no estranxeiro, outorgada por calquera organismo público, por un período superior a seis meses.


A duración das bolsas é de once meses.

Durante este tempo o Bolseiro deberá residir no país ó que fora destinado, salvo que reciba instrucións distintas por parte da Cámara. Polo demais, se esta o estimase oportuno, o Bolseiro poderá permanecer inicialmente, o tempo necesario na sede da Cámara de Lugo, dedicándose a actividades de formación previa.


Dotación e forma de pago

A retribución mensual será a seguinte:

Colombia: 2.266,66 €

India: 2.316,66 €

Ghana: 2.833,33 €

Ademais da dotación básica o interesado percibirá os billetes de avión en crase turista (ou equivalente) necesarios para realiza-las viaxes de ida ó país de destino e de volta a España. Correrá a cargo da Cámara a contratación de seguros de accidentes e de enfermidade a favor de cada Bolseiro, polo período antes indicado.

No momento de saída rumbo ó país de destino e firma do correspondente compromiso de cumprimento das normas e obrigas que se establezan, o Bolseiro poderá recibir unha porcentaxe da Bolsa en concepto de adianto e para os

primeiros gastos. O resto se dividirá nas mensualidades correspondentes á duración da súa beca.


Información

Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Lugo Ramón Ferreiro, 18 Teléfono 982284300 / Fax 982244301 camara@camaralugo.com

http://www.camaralugo.com/camaradb2.asp?id=371

Bolsas da Fundación Galicia-Europa.

A Fundación Galicia-Europa convoca bolsas para o ano 2011:

A- Bolsas para titulados universitarios que obteñan prácticas non remuneradas nunha institución da Unión Europea.

B- Bolsas para a formación en prácticas de licenciados en temas relacionados coa Unión Europea na Fundación Galicia-Europa.

C- Bolsas para a realización de estadías na oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas dirixidas ao persoal ao servizo das entidades membros e asociadas do seu padroado.

D-Bolsas para a realización de estudos de especialización sobre a Unión Europea en centros universitarios situados en Bélxica.

Na convocatoria 2011 inclúense 7 bolsas de formación destinadas ao seguimento de asuntos relacionados coas institucións comunitarias, as súas políticas e a captación e xestión de proxectos. Para esta modalidade valoraranse especialmente as candidaturas de licenciados en Dereito, Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias Políticas. Das sete prazas, 4 serán para a oficina de Bruxelas e as outras 3 para Santiago.
Xunto a elas, convócanse outras dúas prazas para licenciados en Ciencias da Comunicación (cunha titulación en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade), un para a oficina de Bruxelas e outro para a de Santiago. A súa labor será contribuír á información e difusión das actividades da Fundación Galicia Europa, da Xunta de Galicia e das empresas do sector público no ámbito europeo.

O prazo de solicitude para ambas bolsas remata o mércores 17 de novembro de 2010 e as probas de seleción celebraranse o 25 de novembro ás 10h na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Os requisitos para ser beneficiario destas bolsas esixen ser galego ou nado en Galicia, ou ben acreditar residencia nesta comunidade desde antes do 31 de decembro de 2008; ter un título universitario posterior ao 31 de decembro de 2005; dominar o galego; e expresarse con fluidez en inglés e/ou francés.

Toda a documentación relativa a estas convocatorias de bolsas da Fundación Galicia-Europa está á disposición dos interesados nas oficinas centrais da fundación, na rúa dos Feáns, 3 C baixo, 15706 Santiago de Compostela (teléfono 981 54 10 12) ou ben na súa páxina web: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Bolsa da Cámara de Santiago Para Prácticas De Comercio Exterior en Italia

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

No marco das súas actividades de Promoción de Comercio Exterior, e dentro do Plan FOEXGA- 2.011 na que tamén actúa como patrocinador a Consellería de Economía e Industria, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca concurso co obxecto de adxudicar unha bolsa para a realización de prácticas de promoción de turismo internacional en Italia (Milán).


Requisitos

Os candidatos deberán, reunir as seguintes condicións:

- Nacionalidade española

- Idade non superior aos 30 anos no momento de presentación da solicitude.

- Licenciado ou diplomado en turismo ou calquera Titulación universitaria superior: neste último caso os títulos deberán estar homologados a un Título Universitario Superior polo Ministerio de Educación ou deben permitir acceso a Terceiro Ciclo (Doutorado).

- Non padecer enfermidade ou impedimento físico que imposibilite o cumprimento das obrigas como bolseiro.

- Non ter gozado de bolsa ou bolsas de similares características cun período superior a 3 meses en total.


A duración da bolsas e a súa situación será:

1) Milán - Oficina española de turismo - 11 MESES: XANEIRO - NOVEMBRO 2.011 Durante estes meses o bolseiro deberá residir no país ao que haxa sido destinado, salvo que reciba instrucións distintas por parte da entidade convocante. Polo demais, se esta o estimase oportuno o bolseiro

poderá permanecer, inicialmente, o tempo necesario na Cámara de Comercio de Santiago, dedicándose a actividades de formación previa O bolseiro realizará durante o período de vixencia da bolsa aquelas actividades relacionadas coa promoción do turismo internacional que lle indique a entidade convocante.


Prazo de presentación de solicitudes: 19 de Novembro de 2.010.


Información

Camara De Comercio De Santiago De Compostela

At/Dpto. de Comercio Exterior

Ref: Beca Turismo Italia

s. Pedro de Mezonzo 44 baixo

15701 Santiago. A Coruña

Telf: 981596800 Fax: 981590322

http://www.camaracompostela.com/Default.asp?m=11&p=112

Bolsas para postgraduados do Consello de Administración de Patrimonio Nacional

O Consello Administrador do Patrimonio Nacional, dependente do Ministerio da presidencia convoca 6 bolsas para a preparación de novos investigadores do Patrimonio Histórico-Artístico do Patrimonio Nacional. Bolsas anuais que contribúan a complementar a formación de titulados universitarios, facilitando a súa ulterior inserción no mercado laboral, á vez que se promove o coñecemento do citado Patrimonio e se coopera na súa conservación e mellora.

As bolsas son:
Bolsa nº 1: «Programas Didácticos en Institucións Culturais».
Titulación esixida: Licenciatura en Historia ou Historia da Arte. Adscrición: Vocalía Asesora de Programas Culturales.
Bolsa nº 2: «Protocolo e Desenvolvemento de Actos Culturais».
Titulación esixida: Licenciatura en Ciencias Políticas. Adscrición: Vocalía Asesora de Programas Culturales.
Bolsa nº 3: «Encadernación histórico-artística da Real Biblioteca: base de datos en linguaxe xml».

Titulación: Licenciatura en Historia, Historia da Arte, en Biblioteconomía e Documentación, ou en Documentación. Adscrición: Dirección de Actuacións Histórico Artísticas sobre Bens Mobles e Museos.
Bolsa nº 4: «Caracterización das fibras dos tecidos medievais da colección de Patrimonio Nacional».
Titulación: Licenciatura en Ciencias Químicas. Adscrición: Dirección de Actuacións Histórico Artísticas sobre Bens Mobles e Museos.
Bolsa nº 5: «Documentación e investigación histórica sobre arquitectura medieval española». Titulación: Licenciatura en Historia da Arte ou Arquitectura Superior. Adscrición: Dirección de Patrimonio Arquitectónico e Inmobles.
Bolsa nº 6: «Documentación e investigación histórica de Xardíns e Montes do Patrimonio Nacional».
Titulación: Licenciatura en Historia ou Enxeñaría Superior de Montes. Adscrición: Dirección de Patrimonio Arquitectónico e Inmobles.

Duración e forma de pagamento.
-O período de desfrute da bolsa será de dez meses (da 1 de febreiro a 30 de novembro de 2011). O seu aboamento realizarase por mensualidades vencidas en dez entregas de 1.215 euros, ás que se aplicarán as retencións que procedan, de acordo coas disposicións fiscais vixentes.

Beneficiarios.
-Poderán concorrer á convocatoria as persoas que reúnan os requisitos seguintes:
a) Posuír a nacionalidade española, dalgún dos países membros da Unión Europea ou dos países signatarios do Acordo sobre Espazo Económico Europeo, ou ser estranxeiro residente en España de acordo cos requisitos da Lei Orgánica 4/2000, no momento da solicitude e desfrute da bolsa. b) Estar en posesión dos títulos universitarios.
c) Ter finalizado os seus estudos no ano 2006 ou en data posterior.
d) Non ter sido beneficiario, ou non o ser no momento de presentar a solicitude, de bolsa do Consello de Administración do Patrimonio Nacional por un período superior a un ano.

Prazo.-
O prazo de presentación das solicitudes finalizará aos quince días naturais contados a partir do seguinte da publicación da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Información.-
BOE do 26 de outubro de 2010.

Bolsas de formación práctica en empresas da Fundación Empresa Universidad Gallega

Ofertas de Emprego Privado (CIMO)

FEUGA transfire coñecemento científico-tecnolóxico dende o Sistema Universitario Galego (SUG) cara á empresa e a sociedade, mediante a I+D+i, os estudantes e titulados universitarios e a divulgación científica, en beneficio do desenvolvemento socioeconómico. Fomenta a cultura emprendedora e a innovación tecnolóxica en proveito común con persoas proactivas, comprometidas, competentes e hábiles para comunicar ambos os dous mundos. Feuga convoca bolsas para Titulados Universitarios.


Requisitos a cumprir polos solicitantes de bolsas

Para poder optar a unha bolsa do Programa de Bolsas de Formación PBF de FEUGA será necesario que o solicitante cumpra as condicións que a continuación se detallan:

1. Estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA.

2. Ser diplomado, licenciado ou doutorado universitario. No caso das titulacións nas que para a obtención do título sexa necesaria a presentación do proxecto fin de carreira, será suficiente ter aprobadas todas as materias desta.

3. Ter cursado estudos nunha das tres Universidades da nosa Comunidade Autónoma. Se o título pertencese a outras Universidades, poderase acceder ao programa de bolsas de formación se está doutorado ou matriculado nun Curso de Doutorado dunha das tres Universidades da Comunidade Autónoma. Poderán acceder ao programa de bolsas, os fillos de emigrantes galegos retornados, independentemente de onde obtivesen a súa titulación, se esta foi validada. Tamén poderán acceder ao programa de bolsas os titulados doutras Universidades españolas, se a titulación solicitada non se impartise nas tres Universidades da Comunidade Autónoma.

4. Non ter máis de 30 anos.

5. Ter finalizado os estudos nos tres últimos anos.

6. Non ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período de 6 ou máis meses.

7. No caso de ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período inferior a 6 meses, deberá ter cumplimentar o cuestionario de avaliación correspondente á bolsa gozada. O período máximo computado do total das bolsas non poderá exceder de 12 meses.

8. Non ter desempeñado en ningún momento traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación, baixo ningunha modalidade de contratación (os candidatos do programa de bolsas achegarán o correspondente Certificado de Vida Laboral).

9. A bolsa é incompatible con calquera outro tipo de ingresos.

10. Non ter relación de parentesco dentro do primeiro grao de consanguinidade (pais - fillos) con ningún membro da propiedade e/ou dirección da empresa na que realizarán as prácticas profesionais. 11. Cumprir os requisitos establecidos pola empresa ofertante da bolsa (idiomas, coñecementos de informática...) complementarios da súa formación. As condicións para a empresa A compañía debe de ofrecer garantías de que conta con instalacións e medios para desenvolver a formación do titulado dentro do horario laboral da empresa, confeccionar un plan de formación personalizado e designar unha persoa que exerza de titor para facilitar a integración do bolseiro, asesoralo e realizar un seguimento continuo da súa actividade. A selección FEUGA traslada a oferta ao Servizo Público de Emprego, no que previamente se inscribiron aqueles licenciados interesados en acceder ao mercado laboral. O Servizo Público de Emprego realiza unha preselección segundo o perfil profesional que demanda a empresa, contacta cos candidatos para preguntalos se desecan entrar no proceso e que se envíe copia do seu currículo vitae a FEUGA, que elixe entre as candidaturas presentadas as máis idóneas para propoñelas á compañía.

Prazo: o prazo está aberto todo o ano.

Información: www.feuga.es

xoves, 28 de outubro de 2010

Curso de Iniciación a rede de Internet

Curso para desempregados de iniciación a rede de Internet.
Lugar a impartir: Ribeira
Lugar de Inscripcións: Inem Boiro

Xornada de Emancipación e Información Xuvenil

XORNADA DE EMANCIPACIÓN E INFORMACIÓN

XUVENIL

ORGANIZA: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública de acordo co convenio de colaboración asinado o 9 de agosto de 2010.

DATA: 22 de novembro de 2010.

LUGAR: Centro Coordinador de información e Documentación Xuvenil.

DESTINATARIOS: Informadores xuvenis, asociacións xuvenis , universitarios e estudantes principalmente de socioloxía, pedagoxía, psicoloxía, educación social, traballo social e maxisterio.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: ata o dia 11 de novembro de 2010

Certificado de Asistencia.

PROGRAMA

10:00 h.- Inauguración.

Ovidio Rodeiro Tato. Director Xeral de Xuventude e Voluntariado

10:30 h.-Mesa Redonda. “Emancipación Xuveni: A transición da etapa educativa ao mundo laboral” .

Benjamín Tejerina Montaña. Catedrático de Socioloxía U.P.V.

Elsa Santamaría López. Profesora Especialista en Estudios de emancipación xuvenil. UPV.

12:00 h. Descanso.

12:30 h. Mesa Redonda. Recursos nas Administración Públicas que favorecen a emancipación xuvenil.

Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Instituto Galego de Vivenda e Solo.

14.00 h. Clausura e entrega de certificados de asistencia.


Para inscribirse nas xornadas debes acceder á páxina www.xuventude.net